Galinux

Descárgueo agora
Manual de Identidade visual | Logotipos
Video Presentación (FLV) | Galería de imaxes

Copialo é legal?

Galinux é software libre, así que vostede é libre de copialo e reinstalalo cantas veces queira en tantos computadores como desexe de forma completamente legal e gratuíta. Tamén pode modificalo para adaptalo ás súas propias necesidades e mesmo redistribuílo no seu contorno. É software libre, así que: anímese e páseo!

Próbeo sen medo

Seguro que antes de instalar o Galinux vostede quere saber como funciona mais non quere correr riscos… os seus datos son o máis importante.

De desexar probar o Galinux sen perder nada do que xa ten, reinicie o seu equipo despois de lle inserir o CD. Se aínda non ten un CD de Galinux, pode descargalo directamente ou ben obter unha copia acudindo a un dos puntos de distribución. Aparecerá un menú de texto no que debe escoller a primeira das opcións: Probar sen realizar ningunha alteración no computador e o Galinux cargarase na memoria sen tocar o seu disco duro. Próbeo sen medo, e cando termine, retire o CD. A próxima vez que arranque, todo continuará no seu lugar.

Quen o promove?

Galinux é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galicia) enmarcada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010).

Este proxecto resulta posíbel grazas ás achegas da comunidade internacional de software libre da que forman parte empresas como Canonical ou Sun e fundacións como Mozilla. Teñen especial importancia as achegas da comunidade de tradución de software ao galego (g11n) coa coordenación de Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.

E se lle gusta...

… e se lle gusta, pode instalalo e recuperar os seus datos!

Se despois de probalo gostou do que viu, o mellor é que se anime a instalar o Galinux no disco duro do seu computador, xa que mellorará o seu rendemento. Pode instalalo borrando todo o anterior, ou ben facelo de xeito que conviva con outro sistema operativo. Se vostede ten datos importantes no disco duro é recomendábel que teña unha copia de seguridade á man, aínda que o Galinux tratará de recuperalos e facelos accesíbeis dende o seu novo escritorio.

Que é o Galinux?

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas do Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

Co Galinux disporá dun contorno de escritorio fiábel, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día. E para resolver as cuestións máis frecuentes, non o dubide: pregunte na Rede a calquera dos milleiros de persoas que tamén empregan Ubuntu.

Rede de Dinamización da Sociedade da Información

sociedade da Información

A Coruña

  • Asoc. de Empresarias de A Coruña

    • Avda. Alcalde Pérez Ardá 53 - Baixo Dereita
    • A Coruña 15009
    • Teléfono: 981 297 870
  • Centro Comarcal de Ordes

    • Estrada Nacional-550 Km. 37 (As Casillas)
    • Ordes 15680
    • Teléfono: 981 688 386
  • Concello de Ames

    • Aula de Informática - Casa da Cultura, Prza de Chavián s/n
    • Bertamiráns 15220
    • Teléfono: 981 884 085
  • Concello de Arzúa

    • Rúa Santiago 2
    • Arzúa 15810
  • Concello de As Pontes

    • Rúa Rosalía de Castro 28
    • As Pontes 15320
  • Concello de Betanzos

    • Aula de Informática - Telecentro, Emilio Romay s/n
    • Betanzos 15300
  • Concello de Boiro

    • Rúa Manuel María s/n
    • Boiro 15930
    • Teléfono: 981 842 635
  • Concello de Camariñas

    • Centro de Iniciativas, Rúa do Río do Prado s/n 1º Andar
    • Camariñas 15123
    • Teléfono: 981 736 506
  • Concello de Cambre

    • R/ Wenceslao Fernández Florez s/n - OMIX - Aula de Informática
    • Cambre 15660
    • Teléfono: 981 649 249
  • Concello de Carballo

    • Aula de Informática - Pazo da Cultura, R/do Pan, s/n, 1º andar
    • Carballo 15100
    • 981 704 300
  • Concello de Cee

    • Rúa Buenaventura Castro Rial s/n
    • Cee 15270
    • Teléfono: 981 745 100
  • Concello de Cerceda

    • Avda. do Mesón 21
    • Cerceda 15185
  • Concello de Corcubión

    • Centro de Dinamización, Avenida da Viña Nº 10
    • Corcubión 15130
    • Teléfono: 981 745 617
  • Concello de Culleredo

    • Aula de Informática de Vilaboa, Rúa Alcalde Domingo Serra 1, baixo, Vilaboa
    • Culleredo 15174
    • Teléfono: 981 677 777
  • Concello de Curtis

    • Oficina Municipal, Aula de Informática de Curtis, Recinto Feiral s/n
    • Curtis 15310
    • Teléfono: 981 777 105
  • Concello de Mugardos

    • Aula Francisco Vizoso - Avda. Francisco Vizoso s/n
    • Franza 15626
    • Teléfono: 671 693 008
  • Concello de Pontedeume

    • Centro de Formación e Emprego FOREMDES-Avda. Ricardo Sánchez 6
    • Pontedeume 15600
    • Teléfono: 981 433 288
  • Concello de Porto do Son

    • Aula de Informática, Edificio de Usos Múltiples, Campo Través s/n
    • Porto do Son 15970
  • Concello de Rianxo

    • Casa da Cultura. Cuartel Vello
    • Rianxo 15192
  • Concello de Ribeira

    • Aula Multimedia, Avda. do Malecón, 22 (Pranta Baixa da Confraría de Pescadores)
    • Ribeira 15960
    • Teléfono: 981 876 043
  • Concello de Sada

    • Centro de Dinamización da Sociedade da Información, Avda. de A Coruña, 7
    • Sada 15160
    • Teléfono: 881 963 718
  • Concello de San Sadurniño

    • Aula de Informática, Casa da Cultura, Avda. Marqués de Figueroa s/n
    • San Sadurniño 15560
    • Teléfono: 981 495 210
  • Concello de Teo

    • A Ramallosa s/n
    • Teo 15883
    • Teléfono: 981 815 700
  • Concello de Vilasantar

    • Aula de Informática, Rúa Ru s/n
    • Vilasantar 15807
    • Teléfono: 981 778 169

Lugo

  • Asoc. de Empresarios de Vilalba

    • Rúa do Castiñeiro E1 (Polígono Industrial Sete Pontes)
    • Vilalba 27800
  • Asoc. de Persoas Xordas de Lugo

    • Rúa Poeta Eduardo Pondal 22 Baixo
    • Lugo 27004
  • Centro Comarcal da Mariña Occidental

    • Rúa Ramón Canosa s/n
    • Viveiro 27850
  • Centro Comarcal Terra de Lemos

    • Estrada N-120 Km 519
    • Monforte de Lemos 27400
    • Teléfono: 982416046
  • Concello de A Pastoriza

    • Casa da Cultura - Rúa Xosé Yáñez García, 1
    • A Pastoriza 27286
    • Teléfono: 982332412
  • Concello de Burela

    • Rúa da Igrexa s/n
    • Burela 27880
    • Teléfono: 982586000
  • Concello de Carballedo

    • Praza V. Portomeñe s/n - A Barrela
    • Carballedo 27520
  • Concello de Chantada

    • Casa da Xuventude, Rúa Rosalía de Castro, 1
    • Chantada 27500
    • Teléfono: 982 441 614
  • Concello de Mondoñedo

    • Aula de dinamización, A Calvela, Vilamor
    • Modoñedo 27752
  • Concello de Monforte de Lemos

    • Avda. Emilia Casas Baamonde
    • Monforte de Lemos 27400
  • Concello de O Vicedo

    • Rúa Cidade de Mondoñedo 23
    • O Vicedo 27860
  • Concello de Ribadeo

    • Telecentro, Rúa Antonio Otero,15
    • Ribadeo 27700
    • Teléfono: 982 120 732
  • Concello de Riotorto

    • Centro Sociocultural de Riotorto, AULA 1, Circunvalación s/n
    • Riotorto 27744

Ourense

  • APETAMCOR. Asoc. Empresarios Transporte Mercadorías por Carretera

    • Aula de Dinamización APETAMPCOR. Rúa 7B nave 36
    • 32911 Polígono Idustrial San Cibrao das Viñas
    • 988 254 200
  • Centro Comarcal de Valdeorras

    • Casa Riocigüeño - Rúa da Veiguiña 5
    • 32300 O Barco de Valdeorras
  • Centro Comarcal do Carballiño

    • Estrada Nacional-541 Km. 27
    • 32500 O Carballiño
  • Centro Comarcal Terra de Caldelas

    • Praza da Torre s/n
    • 32760 Castro Caldelas
  • Centro Comarcal Terra de Celanova

    • Vilanova dos Infantes s/n
    • 32816 Vilanova dos Infantes
    • 988 432 267/268
  • Concello de A Bola

    • Campo da Veiga Nº 4
    • 32812 A Bola
  • Punto de Dinamización - Centro de Promoción Económica

    • Rúa Portelo, 4
    • 32660 Allariz
    • 988 442 210
  • Concello de Boborás

    • Aula de Informática - Cristóbal Colón
    • 32514 Boborás
    • 988 402 008
  • Concello de Castrelo de Miño

    • Complexo de Turismo Náutico, 1º andar, Avda. Alejandro Ferrer, s/n
    • 32430 Castrelo de Miño
    • 988 493 225
  • Concello de Maceda

    • Edificio Multiusos-Telecentro, Rúa da Celga 10
    • 32700 Maceda
    • 988 463 515
  • Concello de Sarreaus

    • Casa do Concello de Sarreaus, Prza do Toural s/n
    • 32631 Sarreaus
    • 988 454 002
  • Concello de Vilar de Santos

    • Rúa Celanova 77
    • 32650 Vilar de Santos
  • Concello de Xunqueira de Ambía

    • Telecentro Escolas Vellas, Prza San Rosendo 1
    • 32670 Xunqueira de Ambía

Pontevedra

  • Centro Comarcal do Salnés

    • Cambados 27800
  • Concello de A Guarda

    • Praza do Reló s/n
    • 36780 A Guarda
  • Concello de Bueu

    • CASA nº2; Rúa Eduardo Vicenti
    • 36939 Bueu
  • Concello de Cuntis

    • Aula do Centro
    • 36675 Cuntis
    • 986 548 780
  • Concello de O Porriño

    • Multiusos de Torneiros, Rúa Ribeira s/n
    • 36410 O Porriño
  • Concello de Poio

    • Aula de Dinamización. Rúa Carreiro do Campo nº 17
    • 36993 Combarro - Poio
    • 986 771 358
  • Concello de Pontevedra

    • Pazo da Cultura, Aula de Informática, Rúa Alexandre Bóveda s/n
    • 36005 Pontevedra
    • 986 833 061
  • Concello de Redondela

    • Ed. Multiusos Paseo da Xunqueira s/n
    • 36800 Redondela
  • Concello de Salceda de Caselas

    • Praza do Concello s/n
    • 36470 Salceda de Caselas
  • Concello de Sanxenxo

    • Avda Vilar 1 B
    • 36990 Vilalonga
  • Concello de Tomiño

    • Aula Informática Wimax, Campo da Feira s/n
    • 36740 Tomiño
    • 986 623 304
  • Concello de Valga

    • Rúa do Concello
    • 36740 Valga
  • Federación de Asociacions Vecinais de Vigo

    • Praza Princesa 7 2º
    • 36202 Vigo
Validación CSS Validación XHTML
Xunta de Galicia - Conselleria de Inovacion e Industria Mancomun